
A CIG CONTRA A TRANSFORMACIÓN DUN XULGADO DE INSTRUCIÓN NUN DE VIOLENCIA NAS CIDADES DA CORUÑA E VIGO

A nova de que o Goberno lle trasladou ao CXPX un borrador de Real Decreto onde crea dous xulgados de violencia en Compostela e Ourense e transforma dous de Instrución en A Coruña e Vigo é un mazazo para a Administración de Xustiza en Galiza, posto que o compromiso asumido era a creación de sete xulgados no país.
A CIG ve completamente insuficiente o prantexamento do Goberno e rexeita totalmente a transformación de dous xulgados de Instrución en vez de crear dous órganos novos, que é a única solución á situación caótica que se está a vivir actualmente, na que o persoal fai xornadas maratonianas un día si e outro tamén, coa consiguiente merma na calidade do servizo público e atención ás mulleres.
É preciso crear dúas prazas de xuíces de Violencia contra a muller na Coruña e Vigo, cun cadro de persoal propio, axeitado e ben dimensionado nas futuras rpts, e implantar un sistema de gardas.
A transformación dun xulgado de Instrución, ademais de derivar nunha maior carga de traballo nos restantes, provoca a desaparición do actual sistema de gardas para oito ou máis órganos (garda ordinaria semanal e garda de delitos leves) para convertilo nun de garda ordinaria de oito días, coa conseguinte merma retributiva.
É por iso que este sindicato vai iniciar unha campaña para que este proxecto non saia adiante nos termos prantexados dado que a única solución para o atasco dos xulgados de violencia nesas dúas ciudades só pasa pola creación de novas prazas e a instauración dun sistema de gardas propio.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal