SITUACIÓN INSOSTÍBEL NO XULGADO DE INSTRUCIÓN Nº 3 PONTEVEDRA - VIOLENCIA DE XÉNERO

Venres, 31 Mai 2024

Desde a Central Sindical CIG, denunciamos a situación “LIMITE” que está atravesando o Xulgado de instrución número 3 de Pontevedra, con competencia en Violencia sobre a Muller.

O persoal deste Xulgado, ao non estar liberados doutros asuntos, deben compatibilizar a entrada de asuntos dun Xulgado “normal”, de Instrución coas específicas de “Violencia sobre a Muller”. Isto tradúcese en que, durante a xornada ordinaria funcione como un servizo de garda permanente, cuberto de forma gratuíta, o que paraliza o resto dos asuntos.

É ben sabido por esa administración que tanto esta Central Sindical, como os funcionarios/as do citado Xulgado, reiteradamente, trasladaron o seu malestar, porque debido ao “nivel de presión exacerbado” co que deben traballar, temen que afecte negativamente á tramitación dos procedementos, ademáis de prexudicar a súa saúde, xa que sofren mesmo episodios de ansiedade.

Así mesmo, de aquí a uns anos debido á tensión e sobrecarga de traballo, funcionarios/as asentados neste Xulgado, e especializados en materia de violencia dada a experiencia, CONCURSARON, á vista que por parte da administración non se daba unha solución.

Tamén cabe dicir que se solicitou por parte da LAX dada as circunstancias, prolongacións de xornada, as cales foron denegadas, debido a que, na estatística do Xulgado, non sae reflectida a sobrecarga de traballo, ao rexistrar as Previas por Xuízos Rápidos, o cal NON IMPLICA que non exista saturación no traballo, senón que se está realizando un sobreesforzo por parte do persoal dada a materia e a consecuente responsabilidade que encerra a mesma (o cal se debería premiar).

É por iso que solicitamos prolongacións de xornada para o persoal deste xulgado ou, no seu defecto, dúas tramitadoras/es procesuáis de reforzo, dada a presión a que están sometid@s e a materia tan delicada que levan, en prol dos administrados e da saúde dos traballadores/as


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal