SUPRESIÓN DE PRAZAS DE APARCADOIRO NA CIDADE DA XUSTIZA DE VIGO

Martes, 03 Dec 2024

Acaba de confirmarse que finalmente, ante a pésima xestión dos arquivos xudiciais realizada polos responsanbles da Dirección Xeral de Xustiza, vaise optar pola supresión de prazas de aparcadoiro no edificio da Cidade da Xustiza de Vigo a fin de ampliar o espazo de arquivo existente, que non foi planificado no seu día, nun edificio cuxa rehabilitación total costou máis de 42 millons de euros.

Ante este despropósito de mala planificación a CIG ven de remitirlle á Dirección Xeral de Xustiza o seguinte escrito:

Por parte da Central Sindical CIG, formalizouse denuncia o 26 de setembro ante a Dirección Xeral, trasladando a problemática existente en Vigo con respecto ao arquivo de expedientes xudiciais, tanto os situados aínda na rúa Lalín, como os trasladados recentemente, en palets de almacenaxe, ata as dependencias da Cidade da Xustiza, xa que esta DX, pretendía trasladar as 64.100 caixas de fondos documentais a antiga estación de autobuses, o que nos parecía inconcibible, a sabendas de como estaban esas instalacións e, por outra banda tamén sinalamos que non podería pretenderse o seu traslado a Cidade da Xustiza a costa da redución de prazas de aparcadoiro no seu dia comprometidas no proxecto de rehabilitación para cubrir as necesidades das/os traballadoras/es.
Pois, tal e como intuiamos, o 28 de novembro recibimos un correo da oficina de decanato de Vigo, onde nos informan da instalación de módulos de arquivos ródantes nas dependencias situadas na planta -2 do edificio da Cidade da Xustiza en Vigo, dicindo que esta medida será provisional e que tratará de restablecerse o uso das ditas prazas de garaxe tan pronto sexa posible.
E por iso que solicitamos desa Dirección Xeral unha data exacta ou moi aproximada do remate desta medida, xa que entendemos que estas prazas xa estaban previstas no proxecto inicial antes do traslado a Cidade da Xustiza, o cal nos trasladaron o seu número na reunión mantida o 07/10/2022. Igualmente, tal e como trasladamos no anterior escrito, entendemos que a solución, dada a envergadura da documentación que xeneran os órganos xudiciais da cidade de Vigo, pasaría pola dotación dunha nave onde se situase todo o fondo documental, dependente do arquivo xeral de Pontevedra, a fin de facilitar o préstamo dun xeito máis áxil e eficiente.

Para ver o contido do escrito preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal