SUSPENSIÓN DO CONCURSO DE MÉRITOS DO PROCESO DE ESTABILIZACIÓN

PROCESO ESTABILIZACIÓN DOS CORPOS XERAIS
Martes, 06 Ago 2024

A Sala do Contencioso-Administrativo Sección 3 da Audiencia Nacional ditou un Auto polo que acorda a suspensión dos procedementos da Orde JUS/1288/2022 de 22 de decembro pola que se convocaba proceso selectivo extraordinario para acceso polo sistema xeral de acceso libre, aos corpos de Xestión, Tramitación e Auxilio, polo sistema de concurso de méritos derivado da Lei 20/2021 no estado no que se atopan, na fase de alegacións aos listados provisionais, polo que unha vez rematou o prazo de alegacións (día 28 de xuño e 3 de xullo en cada un dos procedementos) quedarán en suspenso até a sentenza, e o recurso terá que sinalarse a maior brevidade (próximo 10 de setembro de 2024).

A causa desta suspensión é que se obviaron as normas legais referentes a reserva dunha cota de prazas para persoas con discapacidade, tal como se recolle no artigo 59 TREBEP e 37,3 e 42,2 RD Lexislativo 1/2013 de 29 de novembro polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral de dereitos das persoas con discapacidade e a súa inclusión social. A parte recorrente solicitou que se dite resolución pola que, se lle recoñeza o seu dereito a participar pola cota de reserva xeral de discapacidade, nos procesos selectivos extraordinarios convocados, con todas as súas consecuencias legais inherentes.

Xa existe unha sentenza favorable do Tribunal Supremo neste sentido, a Sentenza 162/2024 de 1 de febreiro de 2024, cuxo obxecto é idéntico ao presente, anulouse a convocatoria para a estabilización de emprego temporal na Administración Xeral do Estado polo sistema de concurso, por non respectar a cota de reserva para as persoas con discapacidade. Polo que é posible que siga o mesmo camiño o presente recurso.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal