ACTAS VERSUS TRONCHONI

Venres, 17 Out 2025

Na rolda de visitas que está a facer o Director Xeral polo país, explicando a reforma da Administración de Xustiza, tocoulle no día de onte á cidade da Coruña. En contestación a unhas manifestacións verquidas por este dicindo que as organizacións sindicais non dixeramos nada ou que nos puxeramos de perfíl acerca da diminución de persoal nalgúns servizos de actos de comunicación, a CIG quere respostar precisamente coa ferramenta á que el aludiu, as actas das mesas sectoriais.

ACTA MESA SECTORIAL 10/06/25, páxina 7 de 16, na intervención da Subdirectora:

“Respecto de notificacións e embargos hai unha redución de persoal á hora de confirgurar as persoas destinadas a actos de comunicacións debido á baixa carga de traballo”

ACTA MESA SECTORIAL 17/06/25, páxina 8 de 14, na intervención da CIG: “Non están de acordo con que se diminúa o persoal de actos de comunicación” (expúxose máis polo miúdo pero recóllese de xeito telegráfico a maior parte das veces).

Nesta mesa quedouse de facer alegacións por escrito, polo que a CIG remitiu o día 20 de xuño, por correo electrónico dirixido á Subdirectora, un documento que, en canto aos servizos de actos de comunicación, contemplaba o seguinte:

ALEGACIÓNS DA CIG AO RESPETO DA PROPOSTA DAS RELACIÓNS DE POSTOS DE TRABALLO DA FASE III

PRIMEIRA.- Sobre o persoal das áreas de actos de comunicación Hai diminución en todas as cidades*

-Ferrol, Rpt:3-2-5

SCACE: 4-2-6

Falta unha de xestión e outra de auxilio

-Ourense:

Área:4-1-5 SCACE:4-2-6

Faltan unha de trami e outra de auxilio

-Lugo:

Área: 2-2-7

SCACE: 4-2-6

Faltan 2 xestión e aumentan 1 auxilio

-Pontevedra:

SCACE: 5-2-6

Área: 2-2-8

Faltan 3 xestores e incrementan 2 auxilios

-Compostela:

SCACE:6-2-3 Área:6-2-3 Queda igual

-A Coruña:

Área: 8-3-10 SCACE:8-3-12

Faltan 2 auxilios

-Vigo:

SCACE:8-4-8 Área:4-5-12

Faltan 4 xestión e aumentan 1 trami e 4 de auxilio

* os números son os que aparecían no borrador dese momento, que non foi o definitivo

Proposta da CIG: Estamos en contra destas diminucións e solicitamos que se muden para manter alomenos o mesmo persoal que na actualidade está a facer esas funcións.

A CIG mantén as mesmas opinións dentro e fora das mesas sectoriais e en ningún momento eludiu manifestarse sobre ningún tema. Pero que o Director Xeral non conte con nós para facerlle ningún tipo de traballo sucio ou tomar decisións que lle corresponden a el. Todo estaría máis claro se se tivera feito a análise dos postos e das cargas de traballo como esixe a normativa e en tantas ocasións demandamos. Sen iso non se pode reordenar ningún servizo. Deixouse, ao parecer, ao criterio ou ás impresións dalgunhas persoas que nalgúns casos non semellan ter coñecemento do funcionamento actual de servizos como o de actos de comunicación.

O que dende logo é inadminisible para este sindicato é que a infradotación dos equipos de actos de comunicación se supla con persoal do corpo de auxilio do Servizo Común Xeral, tal e como pareceu dar a entender onte o Director. Agardamos que fora unha mala interpretación pola nosa parte.

 


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal