
Webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois

Pubicouse hoxe no DOG a convocatoria do webinario O persoal funcionario interino: entre a xurisprudencia europea e a xurisprudencia dos tribunais españois.
Neste webinario analizarase o réxime xurídico do persoal funcionario interino a partir, por unha banda, da xurisprudencia do Tribunal de Xustiza e, por outra, da súa recepción polos tribunais españois. O obxecto de estudo será dobre: primeiro, a prohibición de discriminación entre persoal funcionario de carreira e persoal funcionario interino, especificando os elementos do réxime xurídico dese persoal que foron recoñecidos a este pola xurisprudencia, pero tamén polo lexislador e a Administración; e, segundo, as medidas preventivas e reactivas ante o abuso das relacións funcionariais interinas, prestando particular atención á visión dos tribunais, tanto sobre os procesos de estabilización como da reivindicación da conversión da relación interna en fixa.
As persoas destinatarias:
Esta actividade está dirixida ao persoal empregado público, en situación de servizo activo ou asimilada, da Administración autonómica galega, das súas entidades públicas instrumentais e da Administración institucional; da Administración local, da Administración de xustiza e das universidades do Sistema universitario de Galicia.
Desenvolvemento da actividade:
Data: xoves 31 de outubro de 2024.
Modo de impartición: telepresenza.
Horario: das 12.30 ás 14.30 horas.
Duración: 2 horas lectivas.
O funcionamento básico da plataforma de telepresenza require que cada alumno/a dispoña dos seguintes compoñentes:
1. Ordenador de sobremesa, portátil ou smartphone.
2. Conexión estable a internet.
3. Navegador web Google Chrome ou Mozilla Firefox nas últimas versións.
4. Altofalantes (se o monitor ou equipo non dispón deles).
Na web da EGAP está dispoñible un manual de axuda coa información necesaria para conectarse e utilizar a plataforma de telepresenza da EGAP. Pode accederse ao devandito manual desde o seguinte enderezo:
https://egap.xunta.gal/Documentos/recursos/[1646047015]MANUAL_TELEPRESENZA_PARA_USUARIOS.pdf
Inscrición
As solicitudes de participación nesta actividade formativa só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <https://egap.xunta.gal/matricula>. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.
O prazo para a inscrición permanecerá aberto desde as 9.00 horas do primeiro día hábil seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.59 horas do día 29 de outubro de 2024
Consulta aquí a resolución completa no DOG https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241017/AnuncioO150-091024-0001_gl.html
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal