XUNTANZA CO SECRETARIO COORDINADOR DE PONTEVEDRA

Xoves, 12 Mar 2026

Reunión co Secretario Coordinador de Pontevedra, sobre incidencias tras a implantación dos Tribunais de Instancia.

O pasado venres 27 de febreiro mantívose unha reunión co Secretario Coordinador coa finalidade de trasladarlle os diferentes problemas e incidencias que se están a producir tras a implantación dos Tribunais de Instancia, tanto os da fase I como os da fase III, co obxectivo de ir introducindo melloras que permitan prestar un servizo público de xustiza máis eficaz.

Entre as cuestións tratadas na reunión, trasladouse que os protocolos organizativos, como por exemplo o de Vigo, non se está a aplicar na práctica, xa que nalgúns Servizos Comúns, como pode ser o de tramitación, se están asignando máis funcións das contempladas por cada grupo, estando a provocar, unha distribución desproporcionada de carga de traballo entre funcionarios/as.

Esta desproporción na carga de traballo se pode dicir que é xeral  en todos os Servizos Comúns, por iso sería conveniente revisar os criterios de reparto.

Tamén se puxo de manifesto a falta de dotación  Xeral  tanto no Servizo de Execución como o de Tramitación, así como nas vilas especialmente o caso de Lalín e A estrada, onde xa existía con anterioridade unha insuficiente dotación de persoal en relación con outras vilas de similares características.

Outro dos aspectos trasladados foi a preocupación pola protección de datos, xa que co sistema actual de habilitación “total” e acceso ás carpetas compartidas é posible visualizar documentación doutros Servizos Comúns.

Igualmente, abordouse a cuestión da reubicación física do persoal, indicando o Secretario Coordinador a intención de avanzar cara a espazos de traballo máis diáfanos. En relación con esta cuestión, solicitouse que se estableza unha separación entre os ascensores e o persoal dos diversos Servizos Comúns.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal